Re: Galician (GL) translation Xml-in-10-points

Hi all,

Diego is right, I was even preparing a message for Santiago. Naturally, in
sidar.org will always have space to house translations of documents from the
W3C to any language of the Spanish State or of Latinamerica: Spanish or
Castilian, Catalan, euskera, Galician, etc.

Also, we are constituting a group to revise the translations to those
languages and this way to be able to, to offer a guarantee of quality in the
translations. For that reason, I invite to participate in this group to all
those that want to collaborate.

Cheers,
Emmanuelle
----------------------------------- 
Emmanuelle Gutiérrez y Restrepo
Coordinadora del SIDAR
mailto: coordina@sidar.org
http://www.sidar.org
----- Original Message ----- 
From: "Diego Martín Lafuente" <diego@cercleweb.com>
To: <santiago.lopez.ponte@xunta.es>
Cc: <w3c-translators@w3.org>
Sent: Thursday, July 24, 2003 9:14 AM
Subject: Re: Galician (GL) translation Xml-in-10-points



You can store that translation in my webserver where i have several
catalan translations if you want.

Another Good thing you can do is sent that translation to SIDAR.es they
have Galician translations for W3C.

Regards.

Diego Martín Lafuente.

santiago.lopez.ponte@xunta.es escribió:

>I would like to contribute a galician (ISO 639 code 'GL') translation  of
>'XML in 10 points'  (http://www.w3.org/XML/1999/XML-in-10-points)
>
>
>
>I have reviewed and discussed it (not too much text). The document
>attached is 'valid XHTML 1.0 Strict' according to validator.w3.org
>
>I currently have no persistent place to publish it. I wonder if your
>policy allows to do so in  http://www.w3.org/XML/1999/XML-in-10-points.htm
>as I find many translations there.
>
>Best regards and congratulatios for the renewal of the W3C translations
>section.
>
>Santiago F. López Ponte
>
>
>
> ------------------------------------------------------------------------
>
> <../../../> | Translations
>
<http://www.w3.org/2003/03/Translations/byTechnology?technology=XML-in-10-po
ints-html-en>
>
>
>   XML en 10 puntos
>
> /XML, XLink, Namespace, DTD, Schema, CSS, XHTML/ ...Se vostede ven de
> descubrir o XML pode ser difícil saber onde comezar. Este resumo en
> dez puntos tenta achegar ao principiante os conceptos básicos para que
> sexa quen de albiscar a fraga entre as árbores. E si vostede está a
> preparar unha presentación sobre XML, ¿Por que non comezar con estes
> dez puntos?
> ------------------------------------------------------------------------
>
>
>     1. XML serve para estructurar datos
>
> Exemplos de datos estructurados son follas de cálculo, guías de
> enderezos, listas de parámetros de configuración, transaccións
> financeiras e debuxos técnicos. XML é un conxunto de regras (tamén se
> poden ver coma directrices ou convencións) para xerar texto con datos
> estructurados. XML non é unha linguaxe de programación, e vostede non
> precisa ser programador para empregalo ou entendelo. XML facilita que
> o ordenador xere e lea datos, e garante que as estructuras nas que
> estes datos aparecen non sexan ambiguas. XML evita os erros máis
> comúns nestas linguaxes: É extensible, independente de plataforma, e
> permite a internacionalización e maila localización. XML é conforme ao
> patrón Unicode <http://www.unicode.org>.
>
>
>     2. XML parécese ó HTML
>
> Como o HTML, XML usa /marcadores/ (verbas entre os signos '<' e '>') e
> /atributos/ (parellas |nome="valor"|). Pero HTML especifica o
> significado deses marcadores e atributos, e tamén de que xeito debe
> presentar o texto entre eles un navegador. Pola contra, en XML os
> marcadores delimitan datos, quedando a súa interpretación a cargo da
> aplicación que os le. Explicado doutro xeito: Se vostede atopa "<p>"
> nun arquivo XML non pense que é un parágrafo. Dependendo do contexto
> podería ser un prezo, un parámetro, unha persoa, un p... (¿E quén di
> que ten que ser unha verba cunha "p"?).
>
>
>     3. XML é texto, mais non para ler
>
> Os programas que xeran follas de cálculo, guías de enderezos e outros
> datos estructurados adoitan gravalos en disco empregando formatos
> binarios ou texto. Unha vantaxe do formato texto é que permite ás
> persoas, se é necesario, ver os datos sen usar o programa que os
> produciu; É dicir: Vostede pode ler o formato texto cun simple editor.
> Estes formatos tamén axudan ós programadores a depurar máis facilmente
> as aplicacións. Do mesmo xeito que HTML, os arquivos XML conteñen
> texto non pensado para ser lido por persoas, pero estas poden facelo
> se é necesario. En comparación co HTML as regras de XML son máis
> ríxidas. Un marcador esquecido ou un atributo sen comiñas inutilizan
> un arquivo XML, mais non necesariamente un arquivo HTML. A
> especificación oficial do XML prohibe que as aplicacións tenten
> adiviñar o contido correcto dun arquivo XML errado ou danado. Se o
> arquivo é inconsistente a aplicación ten a obriga de parar e amosar un
> erro.
>
>
>     4. XML é prolixo adrede
>
> Como XML ten formato texto e emprega marcadores para delimitar os
> datos, os arquivos XML son case sempre maiores do que serían nun
> formato binario. Esa foi unha decisión consciente dos deseñadores do
> XML. As vantaxes do formato textual son evidentes (ver punto 3) e os
> inconvenientes poden compensarse normalmente a outro nivel. O espacio
> en disco baixa de prezo a cotío, e programas de compresión como zip e
> gzip <http://www.gnu.org/software/gzip/gzip.html> poden comprimir
> arquivos moito e moi rápido. Ademais, os protocolos de comunicación
> dos modems e o HTTP/1.1 <ftp://ftp.nordu.net/rfc/rfc2616.txt>, o
> protocolo básico da web, poden comprimir os datos en tránsito,
> aforrando ancho de banda cunha eficiencia semellante á dun formato
> binario.
>
>
>     5. XML é unha familia de tecnoloxías
>
> XML 1.0 <../../../TR/REC-xml> é a especificación que define o que son
> as "marcas" e os "atributos"; mais a carón dela medra a "familia XML",
> un conxunto crecente de módulos que ofrecen servicios útiles para
> desenvolver tarefas importantes e decote requiridas. Xlink
> <../../../TR/xlink/> describe un xeito estándar de engadir ligazóns de
> hipertexto a un arquivo XML. Un XPointer
> <http://www.w3.org/TR/WD-xptr> é unha sintaxe en desenvolvemento para
> se referir a partes dun documento XML. Un XPointer lembra a un URL,
> mais apunta a estructuras de datos dentro dun documento XML. CSS
> <../../../TR/REC-CSS2/>, a linguaxe das follas de estilo, aplícase
> tanto a XML como a HTML. XSL <../../../TR/xsl/> é a linguaxe avanzada
> <../../../Style/CSS-vs-XSL> para definir follas de estilo. Está
> baseada en XSLT <../../../TR/xslt>, unha linguaxe de transformación
> empregada para arranxar, engadir e anular marcas e atributos. O DOM
> <../../../TR/REC-DOM-Level-1/> é un conxunto patrón de funcións para
> manipular arquivos XML (e HTML) dende unha linguaxe de programación.
> XML Schemas 1 <../../../TR/xmlschema-1/> e 2
> <../../../TR/xmlschema-2/> axudan ós desenvolvedores a definir polo
> miúdo as estructuras dos seus propios formatos XML. Hai máis módulos e
> ferramentas dispoñibles ou en desenvolvemento. Mantéñase informado na
> páxina de relatorios técnicos do W3C <../../../TR/>.
>
>
>     6. XML é novo, pero non tanto
>
> O seu desenvolvemento comezou en 1996, e é unha recomendación W3C
> dende febreiro de 1998, o que lle pode levar á sospeita de que é unha
> tecnoloxía algo inmatura. A verdade é que non é recente. Antes de XML
> existía SGML, desenvolvida no inicio da década dos 80 e patrón ISO
> dende 1986, empregada con amplitude en documentacións de grandes
> proxectos. O desenvolvemento de HTML arrancou en 1990. Os deseñadores
> de XML colleron simplemente o mellor de SGML, guiados pola experiencia
> co HTML, e produciron algo non menos potente que SGML e de uso moito
> máis regular e simple. Con todo, ás veces é difícil distinguir
> evolucións de revolucións... E compre dicir que malia ser SGML
> ámplamente empregado en documentación técnica, e moito menos noutros
> eidos, co XML acontece xusto ó contrario.
>
>
>     7. XML leva o HTML cara XHTML
>
> Unha aplicación importante do XML é precisamente a linguaxe XHTML como
> sucesora de HTML. XHTML ten moitos dos elementos de HTML, mais a súa
> sintaxe mudou un chisco para ser conforme ás regras de XML. Un formato
> que é "baseado en XML" herda a sintaxe de XML e a restrinxe en certos
> aspectos (por exemplo, XHTML permite "<p>", mais non "<r>"); tamén
> engade significado á sintaxe (en XHTML "<p>" é parágrafo, non prezo,
> nin persoa, nin outra cousa).
>
>
>     8. XML é modular
>
> XML lle permite definir un novo formato de documento a partires dun
> existente ou da combinación de varios. Como dous formatos
> desenvolvidos por separado poden ter elementos ou atributos co mesmo
> nome débese ter coidado cando se combinan (¿Significa "<p>"
> 'parágrafo' deste formato ou 'persoa' daquel outro?). Para eliminar
> estas confusións XML fornece o mecanismo dos espacios nominais
> <D:/TR/REC-xml-names/> (namespaces). XSL e RDF
> <http://www.w3.org/RDF/> son bos exemplos de formatos XML que empregan
> estes espacios. XML-Schema <http://www.w3.org/XML/Schema> foi
> concibido para reflectir este mecanismo de soporte da modularidade no
> nivel da definición de estructuras XML, permitindo combinar dous
> esquemas nun terceiro ó que se corresponderá un documento híbrido.
>
>
>     9. XML é a base de RDF e da web semántica
>
> RDF, a recomendación do W3C para "metadatos" (coñecemento en xeral), é
> un formato XML para describir recursos e aplicacións a un nivel
> superior ó do HTML, ligando calquera cousa con calquera cousa e
> asignando nomes a esas relacións. Do mesmo xeito que HTML integrou
> documentos, menús e formularios na web orixinal, RDF fornece as
> ferramentas para integrar máis coñecemento e nos achegar á web
> semántica. Como pasa cos humanos, que precisan concordar no
> significado das palabras que empregan para se comunicar, os
> ordenadores necesitan mecanismos para compartir o significado dos
> termos que empregan na súa comunicación. As descricións formais dos
> termos dunha certa area (comercio e manufactura, por exemplo) son
> chamadas ontoloxías e son unha parte necesaria da web semántica. RDF,
> as ontoloxías, e a representación formal do significado, de xeito que
> os ordenadores podan axudar ó traballo das persoas, son temas tratados
> polo grupo de actividade da web semàntica, Semantic Web Activity
> <http://www.w3.org/2001/sw/>.
>
>
>     10. XML é de balde, independente de plataforma, e ben soportado
>
> Basear un proxecto en XML é beneficiarse dunha grande comunidade de
> ferramentas e de desenvolvedores experimentados nesa tecnoloxía; esta
> comunidade de recursos, que medra a cotío, pode xa conter unha
> solución parcial ou total para tal proxecto. Elixir XML é dalgún xeito
> como escoller SQL no eido das bases de datos: Tense que construír a BD
> e mais a aplicación, pero existe xa moito código dispoñible, e moitos
> técnicos que lle poden axudar. E por ser XML de licencia libre pode
> construír o seu propio software arredor del sen pagar un patacón a
> ninguén. O soporte grande e crecente significa que vostede non se ten
> que comprometer cun só vendedor. /XML, ainda que non sexa a mellor
> solución, merece ser considerado./
>
> ------------------------------------------------------------------------
> Bert Bos
> Revisado 13 nov 2001 (última actualización: $Date: 2001/12/05 12:45:24 $)
> Creado o 27 de marzo de 1999 (Versión anterior
> <http://www.w3.org/XML/1999/XML-in-10-points-19990327>)
>
> Copyright </Consortium/Legal/ipr-notice#Copyright> © 1999-2000 W3C
> </>^® (MIT <http://www.lcs.mit.edu/>, INRIA <http://www.inria.fr/>,
> Keio <http://www.keio.ac.jp/>), All Rights Reserved.
>

Received on Thursday, 24 July 2003 13:44:40 UTC